300 persoas disfrutaron da natureza na 12ª edición da Primavera en Ruta de Senda Nova

Palleira nas terras de Soneira

Rematou o pasado domingo con outra edición do programa máis antigo da Asociación Senda Nova, a Primavera en Ruta de Senda Nova. Foron case 300 as persoas que participaron nas 8 andainas desta 12ª edición, gozando da máis marabillosa naturezae coñcendo polo miúdo máis de 150 paradas patrimoniais de Bergantiños, Soneira e Ordes.

Foron as Terras de Soneira as protagonistas da última andaina, comezando polo Pico de Meda, o miradoiro dende onde Domingo Fontán realizou parte do primeiro mapa científico de Galicia. Foi Evarísto Dominguez Rial o que foi debullando a historia da comarca. Dende arriba, visitaron dúas mámoas, dous castros, e os restos de torres medievais e asentamentos romanos nas parroquias de Gándara e Carreira, antes de coñecer o Museo do Liño de Carreira.