Senda Nova adentrouse na historia de Coristanco

14:49 05/05/21
Continúa Senda Nova coas súas citas coa natureza no marco do programa Primavera en Ruta. Desta volta as familias adentráronse na historia de Coristanco, nas parroquias de Seavia, Ferreira, Couso e Cuns.
Martín Rabuñal, Jose Antonio Andrade ou Evarísto Domínguez explcaron ata o detalle lugares patrimoniais como a igrexa de Seavia, a Ponte Trilla, a Torre de Nogueira, o Cotón de Ferreira…
Gozaron ademais das corredoiras do Val do Couso, escoltadas por carballos, abeleiras e ameneiros.
Botaron, iso si, de menos, a visita ao Museo de Asunción Antelo.
O vindeiro domingo 9 de maio a saída será pola Ruta das Mámoas de Cabana de Bergantiños.