Mércores. 28.10.2020
El tiempo

Recunchos da Costa: O Pico de Meda

Solpor dende o Pico de Meda-Foto-Tania Carreira
Solpor dende o Pico de Meda-Foto-Tania Carreira
Recunchos da Costa: O Pico de Meda

O cumio do concello de Zas vixía practicamente toda a Costa da Morte. As súas vistas dende os seus case 600 metros de altitude, permiten facer unha panorámica de 360º ollando dende o Monte Pindo ata case o golfo ártabro, albiscando cada unha das rías da Costa da Morte. Os seus solpores son un dos máis singulares da comarca.

Dende o miradoiro do alto de Pico de Meda, contempamos todas esas chairas que fan un colaxe de verdes con verdes, semellando unha agarimosa manta de ganchillo feita pola avoa.

O Pico de Meda atópase na coñecida como Serra de Santiaguiño, que vai dende Corcoesto ata Brandomil, e que forma o val de Soneira. É o lugar onde nace o imponente río Grande, que forma a ría de Camariñas.

No alto tamén temos unha das estacións de antenas de telefonía, televisión... máis importantes da comarca. Ademais, dende a zona podemos valorar a invasión dos parques eólicos da contorna.


Foto de Xosé María Lema Suárez

Vista ao sur dende o Pico de Meda de ZasMiradoiro no Pico de Meda-Zas

Antenas no Pico de Meda-Zas

Como chegar

Dende Baio, e collemos o seu desvío cara Zas. Pasando Zas, a uns 4 ou 5 quilómetros, xusto antes de chegar ao lugar das Travesas, collemos un desvío cara a esquerda dirección Busto. De aí teremos seguir as seguintes indicacións, primeiro cara Santa Xaviña, logo cara Fornos e Vilarqueimado, e por último cara Vilar Ramilo, dende onde sae unha pista, moi esfolada, cara a esquerda moi empinada que sobe ao mirador.

RECUNCHOS DA COSTA

comentarios