5 citas festexeiras polo San Martiño na Costa da Morte
         04 de novembro de 2025 (08:00 h.)
      
    Despois do Samaín, albíscase xa o San Martiño, unha das festas máis arriagadas do outono na Costa da Morte. Temos recollido, seguro que cae algunha máis, 5 citas para esta fin de semana, e tamén para o propio día 11.
Xa vemos arriba a cita de Lariño, o sábado nada menos que coa Olympus, que pode maridar coa tarde de xogos tradicionais nas Torres do Allo ou coas Xornadas Micolóxicas de Cee.
Tamén o sábado temos a de Carantoña (Vimianzo) e a de Fisterra; sábado e domingo as de Olveira (Dumbría). E xa ao longo da semana, comezando o martes 11, as de Vilaseco (Vimianzo), con varias misas pola semana e verbena o vindeiro sábado 15.