A comunidade virtual galega rende homenaxe aos 20 anos de Abertal
Levar 20 anos relacionado co mundo das Novas Tecnoloxías non é sinxelo. De feito, parece case imposible tal e como corren as tecnoloxías da información. Por iso, a comunidade virtual galega quere render homenaxe á empresa carballesa Abertal Networks no seu vixésimo aniversario. E faino coa celebración da 75ª edición da LaconNetwork, ese evento galego de referencia centrado no emprendimiento no ámbito das TIC´s, que consiste unha boa “papatoria” cada último venres de mes dende o 2009.
Xa pasou pola zona en varias ocasións (Corcubión 2010, por exemplo), pero desta volta a cita será máis especial. Este venres, 2 de setembro, o Campo da Festa da Milagrosa convertindo a LaconNetwork nunha auténtica romaría tradicional. Esperan a asistencia de máis de 100 emprendedores e profesionais galegos da TIC á Lacon máis enxebre de todas.
Ademais, contará con varios elementos especiais, cos concertos de Dubide e Versión Imposible, ademais da verbena a cargo do dúo Manu e Alber.
Poden poñerse en contacto coa empresa carballesa se queren asistir, pois é un evento aberto a todos os que queiran coñecer ás persoas que traballan no mundo das novas tecnoloxías en Galicia.
Novas relacionadas
- A tribu tecnolóxica galega avalou o #Fainoti con 10 historias singulares no TedxGalicia.
- Bergantiños á vangarda tecnolóxica galega.
- Convertendo a Costa da Morte no corazón das TIC do país.
- Innovar para poñer os pés na terra.
- LaconNetwork 2010 en Corcubión: A vangarda das Novas Tecnoloxías de Galicía xuntouse na Costa da Morte da man de Galinus.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).