Venres. 26.04.2024
El tiempo

Innovar para poñer os pés na terra

Innovar para poñer os pés na terra
Innovando cos pes na terra

Novedoso será o Congreso “Innovando cos pés na terra”, que nace en Carballo para traer diversas iniciativas innovadoras á comarca de Bergantiños, e fomentar así a creatividade emprendendora entre os asistentes, que terán ademais a posibilidade de compartir impresións con estes emprendedores..

Os próximos días 30 e 31 de outubro celebrase no Fórum de Carballo o congreso promovido por Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (AXOBER). Todo coa intención de darlle renda solta á innovación, un dos factores que axudan a saír das crises. I é que visualizar, ver tan cerca cousas que cambian o mundo, fannos ver que nós tamén podemos cambiar as tornas.

Teremos un pouco de todo, dende industria cultural, pasando por grandes novidades no mundo da bricolaxe, así como ao creador da primeira gastroimpresoras.

Os máis innovadores

O xoves terá lugar a sesión Carballo Innova, con diversas presentacións de iniciativas emprendedoras locais. Pola tarde impartirase un obradoiro de Design Thinking, unha metodoloxía da Universidade de Standford para o deseño de produtos. Entre os poñemtes destacamos a presencia da revista deportiva mundial, que nacía en Coristanco, Fútbol Táctico.

O venres contarase coa presenza de tres personalidades destacadas no mundo da innovación: Paco de Pin, unha das persoas de referencia dentro da industria musical e do espectáculo desde fai máis de 20 anos; Antonio Muíños, unha referencia absoluta a nivel internacional da industria de transformación agroalimentaria; e Paco Morales, que desde o seu restaurante Noor de Granada ven de revolucionar o mundo da gastronomía a nivel mundial co lanzamento das Gastroimpresoras.

Máis información

A asistencia ao congreso é gratuíta, mais o aforo está limitado a 100 persoas no caso das conferencias e a 25 persoas no caso do obradoiro.
Pódese consultar o programa detallado na web www.axober.org/cospesnaterra.

Para máis información ou para realizar a súa inscripción póñase en contacto coa secretaría técnica do congreso, a cargo de Abertal Networks, a través do enderezo electrónico [email protected] ou no teléfono 981 757 815.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios