Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A vangarda das Novas Tecnoloxías de Galicía xuntouse na Costa da Morte da man de Galinus

A vangarda das Novas Tecnoloxías de Galicía xuntouse na Costa da Morte da man de Galinus
Por un día o Finisterrae galego convertiuse no centro da vangarda das TIC galegas. Da man da empresa corcubionesa Galinus, un nutrido grupo de empresarios do sector achegáronse á Costa da Morte para celebrar a 9ª Lacon Network , unha das citas tecnolóxicas máis importantes de Galicia. A sesión consistiu nun xantar de traballo entre os emprendedores, celebrado no Hotel El Hórreo de Corcubión. O xantar estivo amenizado pola galería de fotos sobre a Costa da Morte do recoñecido fotógrafo carballés Marcos Rodríguez . A xornada completouse cun agradable paseo en barco a bordo do María Elena de Cruceros Fisterra . Os emprendedores puideron ver de preto a baleeira de Caneliñas, a praia de Gures e a vila do Ézaro, e ata albiscaron un par de arroaces que nadaban pola ría corcubionesa. Esta 9ª edición achegáronse á vila de San Marcos uns 25 empresarios galegos. De anfirtrións fixeron os membros do equipo da empresa corcubionesa Galinus Daniel Cerqueiro, Javier Calaza, Marga Castro, Javier Mosquera e Ubaldo Cerqueiro. Tamén estiveron outros costeiros como Manuel Pan, de Abertal, Alejandro Lamas, de Sixtema e IkiMap (ambos na primeira foto de abaixo). Achegáronse de toda Galicia xentes como Carlos Ulloa de Dosmasdos; Eric Eikrem do proxecto Eric Eikrem & Co; Andrés Ribera do Proxecto Ipoki; Víctor López García de AVA Soluciones Tecnológicas e presidente da EGANET; Martín Pérez de Jobsket; Luz Castro de Imaxine Software, Iván Louzán de O Pinguino; Marcus Fernández de Código Cero; Camilo Ameijeiras de Primate; Carlos García García de Isenda; Brais Méndez de Enxendra e Frankie, Paula, Josuke e Noe de Confirmsign.

Máis información

Novas relacionadas

Proxectos audiovisuais de Galinus

Máis proxectos de Galinus

Fonte

  • Redacción de QPC ( [email protected]Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).

Comentarios