A AMEGA celebra o Día dos Medios en Galego lembrando a Valentín Lamas Carbajal

A Asociación de Medios en Galego, AMEGA, da que QPC é socio fundador, presenta un novo Día dos Medios en Galego 2026, unha edición moi especial na que conmemora o 150 aniversario de O Tío Marcos d’a Portela, primeira cabeceira periódica publicada integramente en galego e que foi a que serviu para escoller o 7 de febreiro como data aprobada no Parlamento

Este ano, a AMEGA ten viaxa Ourense, vila onde Valentín Lamas Carbajal desenvolveu a súa labor, para realizar o espazo anual de encontro entre medios de comunicación, administracións públicas, entidades culturais e sociedade civil, co obxectivo de reflexionar sobre o papel estratéxico dos medios en galego no contexto actual de transformación dixital.

O venres, 6 de febreiro a partir das 18:00 horas, celebrarase no Liceo de Ourense unha mesa coloquio centrada en Intelixencia artificial, redes sociais, alfabetización dixital e desinformación, na que participarán profesionais e representantes de entidades de referencia do ámbito galego, catalán e vasco. A sesión concluirá cun espazo de encontro institucional.
E xa pola noite, a partir das 21:00 horas celebrarán unha foliada aberta á cidadanía na Praza de San Martiño.

O sábado, 7 de febreiro a partir das 11:00 horas, desenvolverase un roteiro polo Ourense de Valentín Lamas Carvajal, organizado polo Consello da Cultura Galega, que permitirá poñer en valor a figura do impulsor de O Tío Marcos d’a Portela e o legado do xornalismo en galego, que rematará cun cocido no Liceo.

Máis novas