As Auroras boreais en Bergantiños da man de Drew Corme
11 de outubro de 2024 (13:43 h.)
- Lola Rontano: Boreal barbecue.
- Mario Rodríguez: Tormentas solares. Son un perigo?
Gozamos xa está maña das imaxes das auroras boreais que nos mandaban dende a comarca de Fisterra. Pero mereceu a pena agardar a que Drew Corme, despois dunha completa noite de traballo, se levantase e nos enviase estas marabillas.
Contra a medianoite deste pasado xoves 10 a venres 11 de outubro, tirou para o Faro de Punta Nariga, en Malpica, onde botou esta fermosa imaxe do noso marabilloso ceo:
Ergueuse algo a néboa e pensou que rematara o espectáculo, pero deu a volta e tirou para a súa terra, Corme, onde a zona do Faro Roncudo, xa arredor das 1:30h da madrugada, o ceo brindáballe o espectáculo que vedes na foto de portaada.
Máis novas
- Lola Rontano: Boreal barbecue.
- Mario Rodríguez: Tormentas solares. Son un perigo?