mércores. 30.04.2025
El tiempo

As auroras boreais volveron iluminar o ceo da Costa da Morte

Aurora Boreal en Vilaestose.Muxia-Rebeca Rodriguez Romar copia
Aurora Boreal cazada dende Vilastose por Rebeca Rodriguez Romar
As auroras boreais volveron iluminar o ceo da Costa da Morte

Como aconteceu aló por maio, esta pasada noite de xoves 10 de outubro Galicia volveu soñar coas auroras boreais.

Neste caso, foi Rebeca Rodriguez Romar a que dende a súa ventá da habitacion de Vilastose, Muxía, e mestre miraba o xardín e a noite estrelada, quedou abraiada coas cores que apareceron no ceo. Eran arredor das 0:30, e ata aproximadamente as 1:25h da madrugada o ceo convertiuse nun marabilloso espectáculo natural.

Iso si, no tempo que avisou á familia e subiron ao monte para evitar a contaminación luminosa, a intensidade xa baixara, pero a marabilla xa a levan nas retinas, e nos seus teléfonos!

Recomendan descargar a APP My Aurora Forecast, que che indica onde poderás disfrutar deste tesouro natural.

Auroras Boreais en Muxia-Foto-Ines Fraga
Auroras Boreais en Muxía-Fotos-Inés Fraga

Noutros puntos da comarca

Esta dende Punta Nariga:

 

Dende outras partes de Galicia

Aurora Boreal dende a Virxe do Porto en Valdovino.Foto-@ofinsGZ
Aurora Boreal dende a Virxe do Porto en Valdoviño. Foto: Fins Eirexas @ofinsGZ
Auroras dende a Ermita da Peneda. En  Redondela. Pontevedra
Auroras dende a Ermita da Peneda en Redondela, Pontevedra. Foto: Begoña Brao

Aquí van outras dende Valdoviño ou Vila de Cruces:

Máis novas

Comentarios