A #BorrascaKarim nunha vintena de impactantes fotos (e vídeos)

A Borrasca Karim ao eu paso por Santa Comba, onde deixou as cifras de chuvia máis altas de toda Galicia

Ademais das impactantes cifras que deixou a #BorrascaKarim ao seu paso pola Costa da Morte, referidas a chuvias e refachos de vento (os máximos de toda Galicia), as imaxes poden servir para dar conta da súa potencia.

Semella que xa pasou o peor e se agarda que o domingo sexa un díamoito máis tranquilo, pero aquí deixamos un feixe de imaxes das medras e do impacto do vento en toda a Costa da Morte.

Comarca de Soneira

Sen dúbida, o val de Soneira é unha das zonas máis afectadas, onde mesmo as rúas da capital vimiancesa parecían auténticos ríos. O propio río que pasa por detrás da vila desbordouse, deixando por exemplo, zonas como Torelo, completamente anegadas.

Tamén Zas sufríu os envites da auga anegando varias zonas. Mentres Camariñas tvo numerosas incidencias, resoltas ao longo da mañá, en Area da Viña, Xaviña… con estradas como a que vai a Camelle ou a de Dor anegadas, ata o punto de que se tivo que abrir o paso pola ponte da Ponte do Porto, que estaba pechada por obras, porque as outras estradas están inundadas.


Inundacións en Zas

Santa Comba

Santa Comba é a zona onde máis choviu en toda Galicia nas últimas 24 horas, con ata 90 l/m2. Zonas como Esmorode quedaron absolutamente anegadas.

Comarca de Fisterra


Estrada da Pereiriña-Foto-Rafa Quintáns

Por Cee moitas estradas como as de Xallas ou Pereiriña foron superadas polos ríos, e outra vez a estrada que pasa pola fábrica sufriu desprendimentos.

Ademais varias estradas da comarca, como a de Sembra, sufriron a caída de árbores, e os Bombeiros tiveron que acodir a despexalas.


Zona de Codesos anegada-Foto-Barca Quintáns


De novo problemas na estrada da fábrica-Foto-Rafa Quintáns


Borrasca Karim en Xallas-Cee-Foto-Rafa Quintáns

Garaxes anegada na recta da Anchoa de Fisterra

O mar de Fisterra deu todo un espectáculo esta mañá sabatina. Do mesmo xeito, a praia do Ézaro sufríu as consecuencias da forte mar e a area encheu o paseo marítimo.


Así quedou o paseo do Ézaro-Foto-Rafa Quintáns

Ponteceso, capital acuática de Bergantiños


Cundíns-Foto-Anthia Romero


O Anllóns desbordado ao seu paso pola Garga-Foto-Fatima Rodriguez

Como sempre que hai crecidas, Ponteceso volveu sufrir unha xornada moi incómoda. O río desbordouse no centro da vila.

Tamén Laxe sufría as clásicas inundacións no paseo, chegando a auga ata as casas… Así quedou o CPI…


CPI de Laxe


Zona escolar e paseo de Laxe anegados-Fotos-Cris Lage


Val de Traba anegado

En Carballo tamén houbo numerosas incidencias:

Comarca de Carnota-Muros


Accidente en Carnota

Moitas incidencias tivo o GES de Muros, como un accidente serio ás 12:00, na AC550 o seu paso por Vilar de (Carnota). O conductor tivo que ser excarcerado e evacuado polo 061 con pronóstico reservado.


Cartel de publicidade tirado polo vento en Carnota

Mentres, no peirao de Muros varios barcos quedaron así…


Varios barcos caeron polo vento no peirao de Muros-Foto-Manuel María Candamo

As belezas

Un dos espectáculos máis fermosos destas xornadas de chuvia son as fervenzas. Aquí vos deixamos coas enchentas da Fernveza do Ézaro e de Castriz, gracias a Rafa Quintáns e Huelvis:

&nbps;

Novas relacionadas