Luns. 01.03.2021
El tiempo

A #BorrascaKarim deixa os máximos valores de chuvia e vento na Costa da Morte

IMG-20210220-WA0006
Vimianzo
A #BorrascaKarim deixa os máximos valores de chuvia e vento na Costa da Morte

Pois si que se está deixando notar a #BorrascaKarin pola comarca. As cifras de chuvias e vento que amosa Meteogalicia dá conta do forte impacto do temporal, que deixou anegada zonas como a de Torelo, ou o río de Vimianzo.

Ata 90 litros de auga por metro cadrado foron recollidos na estación de Fontecada, en Santa Comba, que volveu rexistrar o máximo do país. Pero o ranking das 5 primeiras está copado pola da Costa da Morte, pois a Coto Muiño, en Zas (CO) rexistrou 61.5 L/m2; a de Río do Sol, en Coristanco (CO), 52.1 L/m2; e a de Camariñas, 39.7 L/m2.

En canto ao vento, tamén é a comarca a que máis sufriu esta noite o seu impacto. Esta noite de venres a sábado, rexistrouse ás 3:20 o refacho máximo de 157.7 km/h na Gándara (Vimianzo). Ás 5:20 rexistrábanse refachos de 127.2 km/h en Carnota, e ás 22:30 de onte de 113.2 km/h na de Camariñas.

comentarios