A #BorrascaKarim nunha vintena de impactantes fotos (e vídeos)
Ademais das impactantes cifras que deixou a #BorrascaKarim ao seu paso pola Costa da Morte, referidas a chuvias e refachos de vento (os máximos de toda Galicia), as imaxes poden servir para dar conta da súa potencia.
Semella que xa pasou o peor e se agarda que o domingo sexa un díamoito máis tranquilo, pero aquí deixamos un feixe de imaxes das medras e do impacto do vento en toda a Costa da Morte.
Comarca de Soneira
Sen dúbida, o val de Soneira é unha das zonas máis afectadas, onde mesmo as rúas da capital vimiancesa parecían auténticos ríos. O propio río que pasa por detrás da vila desbordouse, deixando por exemplo, zonas como Torelo, completamente anegadas.
En Vimianzo adiantamos a temporada de verán e convertemos o val en piscina 😌 pic.twitter.com/Mu9aH22Gxk
— Alba Mancebo (@mancebota) February 20, 2021
Tamén Zas sufríu os envites da auga anegando varias zonas. Mentres Camariñas tvo numerosas incidencias, resoltas ao longo da mañá, en Area da Viña, Xaviña… con estradas como a que vai a Camelle ou a de Dor anegadas, ata o punto de que se tivo que abrir o paso pola ponte da Ponte do Porto, que estaba pechada por obras, porque as outras estradas están inundadas.
Inundacións en Zas
Santa Comba
Santa Comba é a zona onde máis choviu en toda Galicia nas últimas 24 horas, con ata 90 l/m2. Zonas como Esmorode quedaron absolutamente anegadas.
Comarca de Fisterra
Estrada da Pereiriña-Foto-Rafa Quintáns
Por Cee moitas estradas como as de Xallas ou Pereiriña foron superadas polos ríos, e outra vez a estrada que pasa pola fábrica sufriu desprendimentos.
Ademais varias estradas da comarca, como a de Sembra, sufriron a caída de árbores, e os Bombeiros tiveron que acodir a despexalas.
Zona de Codesos anegada-Foto-Barca Quintáns
De novo problemas na estrada da fábrica-Foto-Rafa Quintáns
Borrasca Karim en Xallas-Cee-Foto-Rafa Quintáns
Garaxes anegada na recta da Anchoa de Fisterra
O mar de Fisterra deu todo un espectáculo esta mañá sabatina. Do mesmo xeito, a praia do Ézaro sufríu as consecuencias da forte mar e a area encheu o paseo marítimo.
Así quedou o paseo do Ézaro-Foto-Rafa Quintáns
Ponteceso, capital acuática de Bergantiños
Cundíns-Foto-Anthia Romero
O Anllóns desbordado ao seu paso pola Garga-Foto-Fatima Rodriguez
Como sempre que hai crecidas, Ponteceso volveu sufrir unha xornada moi incómoda. O río desbordouse no centro da vila.
Tamén Laxe sufría as clásicas inundacións no paseo, chegando a auga ata as casas… Así quedou o CPI…
CPI de Laxe
Zona escolar e paseo de Laxe anegados-Fotos-Cris Lage
Val de Traba anegado
En Carballo tamén houbo numerosas incidencias:
🚨 Seguramente xa estades ao tanto dos danos, algúns moi graves, que está a deixar "Karim" ao seu paso por Galicia. No noso concello, os servizos de emerxencias levan dende onte traballando sen descanso para dar resposta ás incidencias que se foron sucedendo. #quedanacasa pic.twitter.com/HFTQdFb2q2
— carballo_gal (@carballo_gal) February 20, 2021
Comarca de Carnota-Muros
Accidente en Carnota
Moitas incidencias tivo o GES de Muros, como un accidente serio ás 12:00, na AC550 o seu paso por Vilar de (Carnota). O conductor tivo que ser excarcerado e evacuado polo 061 con pronóstico reservado.
Cartel de publicidade tirado polo vento en Carnota
Mentres, no peirao de Muros varios barcos quedaron así…
Varios barcos caeron polo vento no peirao de Muros-Foto-Manuel María Candamo
As belezas
Un dos espectáculos máis fermosos destas xornadas de chuvia son as fervenzas. Aquí vos deixamos coas enchentas da Fernveza do Ézaro e de Castriz, gracias a Rafa Quintáns e Huelvis:
&nbps;