A chuvia tampouco pode coas protestas contra os recortes de Laxe e Carnota

Imaxe da concentración de Carnota
  • En Laxe denunciaron as mentiras do Conselleiro no Parlamento Galego.
  • En Carnota esixen "uns servicios básicos de calidade (EDUCACIÓN E SANIDADE, mención aparte que non contamos con pediatra). Non hai cidadáns de segunda".

Non pode o Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e as súas mentiras no Parlamento Galego, e tampouco pode a chuva con todas as familias das comarcas de Bergantiños e de Fisterra, que volveron saír á rúa para protestar contra os recortes no ensino público e a falta de atención ás Necesidades Educactivas Específicas.

En Laxe e en Carnota, as comunidades educativas volveron demostrar o seu compromiso para facerlle entender á Xunta do PP que os nenos non son números, e que máis alá dos ratios, as necesidades educativas teñen que estudarse en función das realidades, non das cifras.

En Laxe denunciaron as mentiras do Conselleiro

Segunda concentración a protagonizada polas familias de Laxe, denunciando con rotundidade que “estamos asistindo, en vivo e en directo, á morte anunciada da educación inclusiva, vítima dunha neglixencia crónica por parte das autoridades”.
A ANPA foi máis alá e denunciou que o Conselleiro confunde as labores dos auxiliares de Adición e Linguaxe (AL) e de Pedagoxía Teraéutica (PT).

Ademais, denunciaron que “minte o señor presidente da Xunta, pois aínda saía dicindo onte na prensa que aumentaran os docentes nos centros mentres que os alumnos diminuíran, que se melloraran os ratios e achaca a falta dos AL e PT nos centros galegoss á tardanza do profesorado do Programa Europeo para a Orientaciónn (PROA). Temos que dicir que os problemas que estamos tendo desde o inicio do curso escolar señor presidente, non, non son porque aínda non chegara o PROA, pois sabe de sobra que acostuma vir en outubro e marcha antes da finalización do curso, a cuestión é que outro docente que SI que tiña que enviar a Xunta e desde o inicio do curso tan importante como o AL, aínda non chegou e dada a resposta do seu conselleiro no parlamento, non ten traza de chegar nestes días. Un recurso que non depende dos ratios do alumno/mestre, senón que depende das necesidades, as cales lle foron transmitidas e foron ignoradas por vostedes. E sabe que a lei di que teñen que enviar dito mestre si ou si”.

por iso, instaron ás familias a “loitar” por unha “educación digna e inclusiva”.

O MANIFESTO de Carnota: “A EDUCACIÓN NON SE VENDE, SÍ SE DEFENDE”

Por Carnota, dende ANPA quixeron “declarar o noso convencemento de que o acceso en igualdade de oportunidades a unha educación pública, gratuita e de calidade é un dereito fundamental do neno, pilar fundamental para a súa evolución persoal, así como para o seu desenrolo e integración na sociedade na que vive”. Deixaron claro que a “educación é un dereito” e demostraron con datos os recortres no CIEP de Carnota.

  • ”Non contamos cun cuarto Mestre de infantil tal e como corresponde por lei aos centros con tres aulas”.
  • ”A perda de 30 horas lectivas semanais a consecuencia do acordo entre a Consellería e Sindicatos. O cal non criticamos, que quede claro, só pedimos que sexan compensadas.

E deixan claro que non van tolerar as consecuencias: “

  • ”Imposibilidade de atender as necesidades de apoio en Educación infantil. Tendo que ser unha titora de primaria coa especialidade a que cubra esa falta.
  • ”Imposibilidade de contar con más de un docente de garda.
  • ”Imposibilidade de dar continuidade as medidas de atención a diversidade, como son: Reforzo educativo e apoio do profesorado con dispoñibilidade horaria (Non hai) e Desdobramentos nos grupos maís numerosos”.

Así aseguran que non van tolerar a “desgana da Consellería” e seguirán esixindo o dereito a vivir en Carnota “cuns servicios básicos de calidade (EDUCACIÓN E SANIDADE, mención aparte que non contamos con pediatra). Non hai cidadáns de segunda".

Máis novas