mércores. 30.04.2025
El tiempo

As familias volveron denunciar en Cee os recortes no ensino con outra potente concentración

Concentracion en Cee contra os recortes-
Fotos- Anpa Vila de Cee
As familias volveron denunciar en Cee os recortes no ensino con outra potente concentración

Non cesa a veciñanza da Costa da Morte na súa loita por reivindicar un ensino público digno, inclusivo e igualitario. Cando se cumple un mes dende o comezo de curso, estamos a vivir un momento histórico. Nunca antes vivíramos unha serie de concentracións contra a política educativa do PP na Xunta de Galicia, tan continuas e espalladas por toda a comarca. Dende A Laracha a Laxe, chegando ata Cee e Carnota, as familias están a deixar aparcadas as súas cores políticas e saen ás rúas nidas e comprometidas co dereito a ter unha ensinanza pública de calidade.

Despois de escoitar unha e outra vez o silencio ou mesmo as burlas dunha Consellería que entende os nenos como números, e que esquece unha e outra vez a importancia das Necesidades educativas Específicas, son máis dunha ducia de centros da comarca (Sardiñeiro, Muxía, Laxe, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Camelle, Cee, Carnota, O Pindo, A Laracha, Brens…) os que necesitan máis persoal, principalmente máis auxiliares de Pedagoxía Terapéutica, de Audición e Linguaxe e Coidadoras.
Pero como no rural estamos por riba dos ratios establecidos pola propia Xunta, as NEE non existen.

Vendese o noso futuro

Se na mañá deste pasado xoves se concentraban ás portas do centro as familias, o profesorado e o alumnado do IES Agra Leborís da Laracha, e mañá o farán as familias de Laxe polo norte e as de Carnota polo sur esta tarde de 10 de outubro, eran as da comarca de Fisterra as que se xuntaban na Praza 8 de marzo de Cee, por segunda vez nunha semana, despois da histórica concentración do pasado venres.

Centos de persoas volveron levar o seu ánimo combativo e divertido á rúa, berrando arengas como "Menos números, máis recursos" e levando pancartas con aquelo de "Véndese O Ensino Público", ademais de ensinar as esixencias concretas dos Auxiliares.
Foi Mayka Cacheiro, presidenta da Fedanpas Costa da Morte, a que leu o manifesto, recibindo o aplauso de todas as familias

Mayka Cacheiro Presidenta da Fedanpas Costa da Morte
Mayka Cacheiro Presidenta da Fedanpas Costa da Morte

Máis novas sobre os recortes

 

Comentarios