O Conselleiro de Educación esquece as mobilizacións das familias da Costa da Morte no debate sobre os recortes do Parlamento
Levou no día de onte ao Parlamento Galego (poden pinchar na mediateca) a parlamentaria socialista Patricia Iglesias os problemas que sofre a Costa da Morte en materia de recortes no ensino público.
A carballesa pediulle que cumpra co alumnado de Necesidades educativas Específicas e que surta de auxiliares de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe á ducia de centros da comarca (Sardiñeiro, Muxía, Laxe, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Camelle, Cee, Carnota, O Pindo, A Laracha, Brens…) Iglesias lembrou as protestas veciñais das comunidades educativas de toda a zona, feito absolutamente esquecido na súa resposta por parte do Conselleiro de Educación.
Román Rodríguez limitouse a acusar ao PSOE de facelo “peor” nas comunidades autónomas nas que goberna e non tivo nin unha soa palabra para as familias. Púxose a ler datos irreais, de centros onde se cumplen os ratios, pero simplemente pola fata de alumnado, non gracias á rebaixa de ratios aprobados este curso polo goberno da Xunta e que non será totalmente efectiva ata dentro de 10 anos, pois se van aplicando ano a ano dende 4º de Infantil.
Iglesias lembrou a rebaixa de 18 horas de auxiliares nos centros de Muxía, a falta de AL en Laxe, a do segundo PT, xa adxudicado, no Vila de Cee… lembrando que só despois das mobilizacións das familias a Consellería aumentou horas de PT e AL, aínda non enviou a Coidadora xa asignada para un alumnx.
Iglesias acusou ao conselleiro de “faltar á verdade sen inmutarse, facendo cero de autocrítica e amosado cero de empatía e sensibilidade” coas familias afectadas por estes recortes que están “postos en pé” protagonizando protestas ao longo de toda a Costa da Morte “con gran dignidade para defender os nosos principios e os nosos valores, como son a educación de calidade e a atención á diversidade”. ixo incidencia na necesidade de cubrir ben a atención á diversidade.