As Clínicas Veterinarias volveron facer un peche simbólico previo á manifestación deste domingo
Trala primeira parada simbólica da semana pasada, na que explicaron as súas demandas, o colectivo de Clínicas Veterinarias das provincias de Lugo e Coruña volveron protagonizar un peche nesta mañá de martes 18 de febreiro.
Ás 11:00h, Clínicas como a de Adrisa en Cee, puxo o cartel de “Eu, pecho” e o de #VetBasta, nun acto reindicativo en contra da posta en marcha do Real Decreto 666/2023. Unha nova lei que xa se cobrou a súa primeira vítima, como coñecimos a semana pasada.
Selva, primeira vítima do Real Decreto 666/2023Concentración
O sector critica as novas restricións á distribución e dispensación de medicamentos, que coartan a liberdade dos sanitarios para receitar antibióticos, ao tempo que critican o aumento da burocracia, ou o feito de ter que afrontar o IVE do 21%, coma se se tratase dun “produto de luxo”.
Todas esas protestas visibilizaranse este mesmo domingo 23 de febreiro nunha manifestación das profesionais da Coruña e Lugo ás 11:30h no Obelisco da Coruña.