As Veterinarias din “Basta” tamén na Costa da Morte

Varias veterinarias da Costa da Morte secundaron a convocatoria estatal de peche simbólico ante as novas restricións á distribución e dispensación de medicamentos. O Centro Veterinaria Adrisa realizou un peche simbólico da súa clínica de Cee e os seus profesionais botaron unha foto co cartel laranxa “Basta, Eu Pecho!”.
O colectivo EVGal (Empresas Veterinarias de Galicia), xunto coas entidade homólogas de Aragón, Málaga e Sevilla, e apoiados polo PACMA, decidiron pechar durante unha hora neste 11 de febreiro, para denunciar varias novas situación, como a limitación do criterio profesional na prescripción. Os profesionais do sector temen que esta nova medida incentive a "automedicación" por parte dos propietarios dos seus animais, ante a maior dificultade para obter os tratamentos veterinarios necesarios, e por iso reclaman unha reforma da Lei de Garantías e Uso Racional dos Medicamentos e Produtos Sanitario.
O sector, co apoio tamén do Colexio de Veterinarios, piden a redución da burocracia e a libre cesión de tratamento para asegurar un uso responsable dos medicamentos. Así mesmo, critican as sancións abusivas, de ata 1,2 milóns de euros por erros ao notificar tratamentos, e tamén denuncian que levan arrastrando o IVA do 21% en todos os servizos durante demasiados anos, poñendo un "imposto de luxo" a un servizo sanitario.

A problemática vén de lonxe, como nos conta Samuel Fernández, xerente do grupo Adrisa. "Son moitas cousas que se arrastraban de antes, pero esta limitación á nosa liberdade de receitar medicamentos é o colmo".
Esa gota que colmou o vaso éo Real Decreto 666/2023, que adapta unha Lei Europea para levar unha trazabilidade de cada medicamento. Pero "esta interpretación española determina que os veterinarios estamos limitados para prescribir antibióticos. Vémonos abocados a facer unha ilegalidade para darlle o tratamento que necesita a un animal", explica, sinalando que teñen que limitarse a receitar ao que diga o prospecto, aínda que haia experiencia e informes que avalen que este tratamento pode ser positivo tamén este animal que non aparece no prospecto.
"Entendemos que esta lei faise para controlar a resistencia para os antibióticos, pero co que fan conseguen o contrario. O que conseguen é retrasar os tratamentos, reducir e eficacia, e coartar a liberdade dun veterinario que non deixa de ser un científico con formación continua".

Aumento da Burocracia
Sobre o aumento da burocracia, criticana imposición dun programa dunha subcontrata da empresa Tragsa, que lles obrigaa subir ao programa os tratamentos e estes deciden aceptar ou non a viabilidade do tratamento.
Ademais, coa posibilidade de multas de ata 1,2 millóns de euros. "Eu non sei se o que redactou a lei estaba poñendo 1.200€ e se equivocou", sinala en clave de humor Samuel, que denuncia ademais que "segundo esta lei, temos prohibida a venta e cesión de medicamentos, e non nos podemos lucrar dos medicamentos. Que sabe máis, un farmacéutico de persoas ou un veterinario?
Temos que facer unha receita, o usuario terá que ir a farmacia, que terá que facer o pedido retrasando o tratamento".
Animais sen chip
Outras cousas que obriga o Real Decreto é a "non poder tratar a animais sen chip. Pero nós non somos policías, a responsabilidade de poñerlle chip aos animais é dos donos. Xa avisamos que non imos cumplir, imos recetar se despois cae unha sanción xa se verá".
Novas mobilizacións
"Isto acaba de empezar, porque é a primeira vez que se unen os Veterinarios de todo estado que non son os das vacas. E isto vai ir a máis", sinalando que vai haber unha concentración na Coruña o 23 de febreiro, mobilizando ao alumnado da facultade de Veterinaria.