Selva, primeira vítima do Real Decreto 666/2023

Falabamos esta semana do comezo das mobilizacións das Clínicas Veterinarias de todo o estado e das razóns que as leva a esta situación. Unhas mobilizacións que continúan esta domingo 23 de febreiro cunha concentración na Coruña.
Porque a cousa é urxente. Dende a Clínica Veterinaria Adrisa, Samuel Fernández cóntanos que o #RD666 xa se cobrou a primeira vítima. Trátase de Selva, que falecía onte, por unha sepsis, mentres esperaba pola medicación que poden custodiar nas clínicas por mor desta nova lei.
”Selva é unha caldea que veu por unha mordida doutro can ao noso centro en Cee, onde xa aplicamos o protocolo que marca a nova normativa en canto á elección do antibiótico. Tras uns días co tratamento, tivo un empeoramento que a levou a necesitar os Servizos de Urxencias do Hospital Imavet de Santiago, onde faleceu. O problema é que a día de hoxe aínda non chegou o cultivo que determinaba a bacteria e o antibiótico que necesitaría”.
Lembramos que o sector denuncia que o novo protocolo coarta a liberdade de prescrición de antibióticos, ademais doutros puntos como o IVA de luxo (do 21%) ou o aumento de burocracia, que debullamos nesta entrada: