A CMAT reformula a estratexia 2020 centrándoa nas persoas
Fortalecer comunicación interna, tanto cos distintos socios como co resto de entidades e organizacións de carácter local de Costa da Morte; traballar no apoio ás empresas turísticas na información, asesoramento e formación relacionada coa implantación de medidas para prevenir ao máximo os contaxios por COVID-19; cambiar as estratexias de marketing para contribuír ao posicionamento como destino seguro, poñendo as persoas no centro desas estratexias e incluíndo á poboación local; e traballar para fomentar o turismo interno e de proximidade.
Estas son as liñas principais da nova estratexia 2020 que sae da última reunión virtual da Xunta Directiva da CMAT, que focaliza nas persoas, e non tanto na promoción, a estratexia deste ano. Veñen de reformular as actividades programadas para o 2020, en coordinación coa Deputación da Coruña e Turismo de Galicia, priorizando sempre a seguridade sanitaria.
Camiño dos Faros
Ademais, na xuntanza, volveu a poñerse sobre a mesa O Camiño dos Faros e os problemas para a súa homologación, sendo de gran relevancia a continuidade do mesmo e a súa vontade de traballar para no perder este recurso tan importante para o desenvolvemento de Costa da Morte.
Novas do Turismo
- Foro Camiño dos Faros: "O Camiño dos Faros non só é bonito, é emocionante”.
- O Foro Turismo Covid19 da Deputación da Coruña reflexiona sobre o posible rescate do sector.
- “No mellor escenario a hostalería podería reabrir en xuño”