Mércores. 28.10.2020
El tiempo

Costa da Morte

"O Camiño dos Faros non só é bonito, é emocionante"

A última xornada do I Foro Virtual Camiño dos Faros é a mellor sesión para coñecer como é o #SentimentoTrasno. A emoción foi a protagonista da man de 5 persoas que levan ese sentimento no corazón. O trasno maior repasou todas as cousas que fan do Camiño “moito máis que unha ruta”, como é o proxecto pioneiro para mapear a través de Google Street View, o ultratrail, o Camiño Inclusivo…

Milleiros de visitantes xa visualizaron as reflexións das 5 sesións, que quedan na rede para quen queira coñecer o Camiño dos Faros por dentro. A sensación para a Asociación é “positivísima”.

Na sesión falou o pontevedrés Alfonso Castiñeira, un dos voluntarios da Asociación, que tan ben representan o mellor activo do Camiño; Jorge Palanca, do Camiño dos Faros Inclusivo; Felipe Oza, participante e finisher do Ultratrail Camiño dos Faros: Cecilia Burillo, compoñente da Traskiband, Xabier Eirís, Director e productor audiovisual nacido na Costa da Morte que participou en varias longas e algunhas das series de máis éxito na TVG, que coñeceu o Camiño a través do programa Imos Indo; e Quique Morais, locutor e presentador televisivo.

Novas sobre o Foro

Novas do Camiño dos Faros

"O Camiño dos Faros non só é bonito, é emocionante"