Como a política afecta aos usuarios da Sanidade Pública

Son moitas as queixas que a CIG está a realizar nos últimos meses sobre o Centro de Saúde de Carballo. Que se 14 meses sen pediatra, que se a discriminación da Área Sanitaria da Coruña coa veciñanza de Bergantiños, que se as colas aumentan

A de hoxe é lixeiramente diferente, pois atinxe directamente á realidade da política galega. Denuncia o grupo sindical que “son moitos os pacientes que se teñen queixado de que cada mes lle cambian o médico no Centro de Saúde de Carballo. En concreto, os pacientes do cupo dun médico que é deputado no Parlamento Galego polo Partido Popular, e que desde hai bastante tempo o Sergas está a contratar un médico diferente cada mes para substituír esta praza”.

Vemos así como a labor de Deputado, ou máis ben, o xeito de afrontalas baixas dun Deputado, inflúen na calidade da atención sanitaria pois ter un médico diferente cada mes non pode ser positivo.

Desde CIG-Saúde queren denunciar esta situación de “precariedade laboral e inestabilidade no seu traballo”, ao mesmo tempo que “tampouco hai dereito a que os pacientes teñan que ser vistos por un médico diferente cada mes e, sobre todo aqueles pacientes con enfermedades crónicas, non teñan un profesional que lles poida facer un seguimento continuo”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de CIG Saúde.