Xoves. 02.05.2024
El tiempo

As colas aumentan no Centro de Saúde de Carballo

As colas aumentan no Centro de Saúde de Carballo
Centro de Saude de Carballo

Hai uns días denunciaban desde a CIG a situación que se está a vivir no Centro de Saúde de Carballo, coas ausencias de varios profesionais por baixas ou vacacións que non son substituídas, xerando unha sobresaturación de traballo para os profesionais que están traballando, molestias para os pacientes e listas de espera dunha semana e máis para acudir ao médico de cabeceira.

O sindicato segue erguendo a voz por esta problemática, tras comprobar que esta pasada fin de semana os veciños de Laxe tamén se laiaban ante a ausencia dun facultativo no seu Centro de Saúde que só se está a substituír dous días á semana durante media xornada. E alertan de que “situacións semellantes están a vivir na práctica totalidade dos Centros de Saúde da comarca de Bergantiños e de toda a Área Sanitaria da Coruña durante este verán, e ademais é algo que se ven repetindo nos últimos anos aínda que a situación este ano é aínda peor que os anteriores. O deterioro da sanidade pública é máis que evidente, e máis aínda no nivel máis cercano, na Atención Primaria”, denuncian.

Critican pois a “inacción” do goberno da Xunta do PP, que gardou no caixón o Plan de Mellora da Atención Primaria, negociado con sindicatos e profesionais, aprobado antes da chegada de Feijoo á Presidencia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de CIG Saúde.

Comentarios