Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Denuncia de novo a discriminación da Área Sanitaria da Coruña coa veciñanza de Bergantiños

Denuncia de novo a discriminación da Área Sanitaria da Coruña coa veciñanza de Bergantiños

Leva tempo denunciando CIG-Saúde as tremendas listas de espera no Centro de Especialidades de Carballo para as Ecografías, feito que se debe a que se fan únicamente un día á semana (os venres). Ademais tamén denuncian que o ecógrafo utilizado é un “prestado” de Atención Primaria, e que non ten todas as prestacións e polo tanto determinado tipo de ecografías non se poden facer en Carballo, tendo que desprazarse os pacientes á Coruña para poder realizalas.

Pero Xoán Manoel Sande, voceiro da CIG, decatouse doutro “ feito que evidencia a discriminación á que desde a Xerencia da Área Sanitaria da Coruña se somete aos pacientes desta comarca con respecto a outras”. Parece ser que “desde o Complexo Hospitalario da Coruña se adquiriron algúns ecógrafos, e foi enviado ao Centro de Especialidades de Betanzos un dos que xa se usaban no complexo hospitalario, e que polo tanto ten as prestacións necesarias para facer todo tipo de ecografías. Pola contra, en Carballo séguese a utilizar ese ecógrafo prestado de primaria, e non se poden facer todo tipo de ecografías. De feito, as persoas encargadas da cita previa de especializada teñen instrucións de citar todas as ecografías de “partes blandas” na Coruña, xa que non se poden facer en Carballo con ese ecógrafo”.

Hai que ter en conta que a poboación que ten como centro de referencia o Centro de Especialidades de Betanzos non chega a 50.000 habitantes, cando a que é atendida no C.E. de Carballo é duns 70.000 habitantes.

”Isto é unha evidencia máis da discriminación por parte da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña a esta comarca”, denuncia a CIG.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de CIG Saúde.

Comentarios