A Costa da Morte aspira a convertirse en Reserva Mundial do Surf
Pero convertirse en Reserva Mundial do Surf, sería todo un paso. Ao carón de 3 zonas da costa oeste norteamericana, dúas da costa este australiana, dunha zona do Perú, outra de Brais, e da portuguesa Ericeira, podería situarse a Costa da Morte.
Así, a prestixiosa ONG Save the Waves Coalition está impulsando a candidatura de 10 praias do xeodestino Costa da Morte para convertirse nunha desas World Surfing Reserves. Sería a primeira do Estado español e a segunda europea, despois da portuguesa Ericeira.
Presentación en Carballo
Detrás sitúase xa a Deputación da Coruña, apoiando esta candidatura, como explicou onte Xosé Regueira, deputado de Turismo, nun acto celebrado en Carballo. "A candidatura é unha oportunidade única de desenvolvemento local sustentábel do xeodestino da Costa da Morte e de protección das praias en que se practica este deporte”, sinalou Regueira.
A Costa da Morte, coas praias de Razo – Baldaio, Malpica, Caión, Soesto, Nemiña, Mar de Fóra ou Seaia, é na actualidade unha forte comunidade cun tecido empresarial que vive do surf, con recoñecemento internacional como destino deportivo. Neste contexto, o proxecto capitaneado por unha comisión da que forman parte a mesma comunidade e escolas locais do surf máis os axentes municipais de desenvolvemento turístico e a propia Deputación, velará non só polo posicionamento do xeodestino neste nicho de mercado deportivo senón no obxectivo de promover un desenvolvemento sustentable.
Novas relacionadas
- As zonas ideais para facer surf na Costa da Morte.
- Surfeando ondas xigantes da Costa da Morte.
- Costa da Morte, a fronteira do Surf Extremo.
- 31-12-14: Surfeando a onda Mutante da Costa da Morte.
- 04-11-13: A Tremosa, a gran e temida onda da Costa da Morte.
- As perigosas ondas das Costa da Morte collen sona internacional.