Venres. 29.03.2024
El tiempo

As zonas ideais para facer surf na Costa da Morte

As zonas ideais para facer surf na Costa da Morte
Mapa de Surfing Galicia na Costa da Morte Mapa de Surfing Galicia na Costa da Morte

Turgalicia vén de actualizar o mapa das zonas de surf de todo o litoral galego. A publicación é algo dubidosa, porque o veñen de incluir nos xornais de papeis de Galicia (outro xeito de subvencionar ás cabeceiras tradicionais por parte deste goberno da Xunta) pero nin se querera o actualizaron na páxina web de Turgalicia.

En todo caso son boas novas para o litoral costeiro, pois o mapa recolle moita máis información da nosa comarca. Unha actualización desenvolta a través do CMAT, dos fíos de Pablo Canosa e Pepe Formoso e os coñecementos de Felipe Sar.

Ata o ano pasado, o mapa apenas destacaba Soesto e Nemiña como areais ideais para a práctica do surf, facendo tamén unha pequena referencia ás praias de Traba e O Rostro.

Este ano, no marco da iniciativa Galicia Surfing, a cousa cambia na Costa da Morte. Son 4 as praias que teñen unha descrición especial: Nemiña, Soesto, Malpica e Razo.

mapa xa recolle A Tremosa, a famosa onda de Corme, e tamén a pontecesá praia da barra.
Máis abaixo, o mapa fala da laxeira de Traba e das ondas da camariñá praia de Arou. En Muxía hai ondas e Lourido e Moreira e ollo coas ondas da zona de Touriñán.

Tamén a praia do Rostro e a de Mar de Fóra, en Fisterra, danse ben para sacar a táboa. E polo sur, O Pindo, Carnota, Ancoradoiro e Louro tamén teñen certas mareas.

O mapa ademais inclúe as zonas ode se pode aparcar coa furgo.

Playas de Surfing Galicia na Costa da Morte

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/surfeando-ondas-xigantes-da-costa-da-morte/

Comentarios