Martes. 19.11.2019
El tiempo

Surfeando a onda Mutante da Costa da Morte

Surfeando a onda Mutante da Costa da Morte
A onda mutante da Costa da Morte

Hai pouco estivemos flipando mentres surfeiros internacionais cabalgaban o temporal costeiro. Hoxe flipamos máis aínda coas imaxes que nos achega o compañeiro muxián Felipe Sar, que estivo hai un par de fins de semana co mesmo Axi Muniain descubrindo e amosando ao mundo enteiro “A onda mutante da Costa da Morte”.

Xa nos tiña falado da Tremosa, pero desta volta Axi destaca a mobilidade das nosas ondas, de como a rompente pasa de augas profundas a augas de pouco calado, facendo xiros impensables só aptos para auténticos craks da táboa.

Aquí vos deixamos con varias imaxes do fotógrafo Ángel Fotosplino, con ondas grabadas en Corme. Esperamos ter en breve o resultado final nun vídeo oficial que percorrerá o mundo.

A onda mutante da Costa da Morte Aerea A onda mutante da Costa da Morte Ola Sur Costa da Morte-Corme

Novas surfeiras

Fonte

Comentarios