COVID: Bergantiños non rexistrou ningún novo caso na última semana

Gráfica realizada por QPC cos datos do portal de transparencia do Sergas

Nova semana de incidencia mínima do Covid na Costa da Morte. Xa pasa do mes dende que a incidencia non supera os 30 casos por cada 100.000 habitantes na comarca.

Cómpre destacar, por exemplo, que toda a comarca de Bergantiños non sumou nin ún só caso na última semana.

Cabana, Carballo, Coristanco, Laxe, Malpica, Ponteceso, Camariñas, Mazaricos, Dumbría, Fisterra e Carnota levan dúas semanas sen rexistrar ningún positivo.

Últimos repasos semanais sobre o COVID