Sábado. 20.04.2024
El tiempo

COVID: Todos os Concellos quedan en Nivel Baixo de Restricións cando se pon en vigor o novo Plan “Hostalería Segura”

Grafica Covid setembro 21
Evolución da pandemia dende novembro de 2021. Fonte: QPC cos datos do portal de transparencia do Sergas
COVID: Todos os Concellos quedan en Nivel Baixo de Restricións cando se pon en vigor o novo Plan “Hostalería Segura”

A partir deste vindeiro sábado 18 de setembro non quedará ningún concello da Costa da Morte (só Monforte en toda Galicia) en Nivel Medio de Restricións. Galicia queda así en cor amarela (saen do laranxa Muros, Muxía e Santa Comba), en nivel baixo de restricións.

Unha medida que se toma debido á gran baixada da incidencia da pandemia. Onte había 122 novos casos detectados nos últimos 14 días, o que nos leva a cifras de primeiros de xullo, cando comezaba a subir a gráfica da 5ª onda. A día de hoxe estamos por debaixo dos 100 novos casos por cada 100.000 habitantes nunha taxa de incidencia acumulada a 14 días, xa con concellos como Mazaricos, Dumbría ou Fisterra sen ningún caso detectado nas dúas últimas semanas.

Datos Covid Costa da Morte setembro 2021

PLAN HOSTALERÍA SEGURA

Pero a gran novidade de hoxe, mércores 15 de setembro, é a entrada e vigor do nobo Plan “Hostalería Segura” da Xunta. Segundo publicou onte no DOG, trátase dun Plan que está pendente de incorporar a petición do certificado COVID, avalado en principio polo TSXG, e que permite que os locais poderán escoller entre dous tipos de restricións, sen ter que ver o nivel no que se atopa o concello:

Os establecimentos que escollan o tipo 1, poderán ter aforos do 50% no interior e 75% no exterior; distancia de 1,5 metros entre mesas, medidor de CO2 con notificacións como máximo cada 4 horas; máscaras cirúrxicas para o persoal; e dúas horas de formación de protocolos covid para o persoal.

Os locais do tipo 2, con maiores esixencias, deberán contar cun medidor de CO2 que faga anotacións constantes; o persoal terá máscaras FFP2, e deberán facerse probas diagnósticas cada sete ou oito días e haberá un rexistro de clientes nos restaurantes.

Haberá un terceiro tipo que dependerá da Xunta.

Novas relacionadas

Comentarios