Venres. 26.04.2024
El tiempo

COVID: Só Muros, Muxía e Santa Comba se manteñen en Nivel Medio

A Xunta porá en vigor a partir do 15 de setembro un novo modelo de restricións para a hostalería.
Captura de pantalla 2021-09-08 a la(s) 08.28.49
Gráfica realizada por QPC cos datos de transparencia do Sergas
COVID: Só Muros, Muxía e Santa Comba se manteñen en Nivel Medio

Continúa a caída da 5ª onda da pandemia tamén na Costa da Morte. Unha baixada de casos que repercute no novo mapa de restricións que se efectivo dende o vindeiro sábado. En Galicia xa non queda ningún concello en Nivel Máximo, e na Costa da Morte nin sequera en nivel Alto. Só quedan os Concellos de Muros, Muxía e Santa Comba en Nivel Medio, coas terrazas ao 100% e interiores ao 50%; e prohibidas as reunións de non convivintes entre as 3:00h e as 6:00.

En calquera caso, a Xunta estuda modificar as restricións na hostalería, ofrecendo que sexan ademais os propios hostaleiros os que escollan entre dous niveis.

Baixada de casos

Nunha semana a caída volve ser radical, pasando de 430 novos casos detectados a 14 días do pasado día 30, aos 281 de onte en toda a comarca. Unha cifra que sitúa a taxa aproximada de incidencia acumulada a 14 días arredor dos 200 novos casos por cada 100.000 habitantes.

 Captura de pantalla 2021-09-08 a la(s) 08.29.16

Novo modelo para a hostalería aprobado pola Xunta

Establece 2 niveis, aínda que se reserva un nivel de seguridade cando a gravidade da situación epidemiolóxica o requira.
O modelo entrará en vigor o 15 de setembro e manterá o horario de peche á 01,00 h

Locais de hostalería de tipo 1 (50% interior e 75% terrazas): requisitos mínimos:

  • 1,5 m entre mesas
  • Exposición pública de aforos, 
  • Medidor CO2 con anotacións cada 4 h,
  • Máscaras cirúrxicas para persoal, 2 h de formación en protocolos covid

Locais de hostalería tipo 2 (75% interior, 100% terrazas e barra):

  • 1,5 m entre persoas de distintas mesas
  • Rexistro clientes: restaurantes
  • Medidor CO2 continuo
  • Persoal: ffp2 e PCR/test cada 7-14 días
  • 4 h en formación protocolos covid

Novas relacionadas

Comentarios