COVID: En mínimos

Gráfica realizada por QPC cos datos do portal de transparencia do Sergas

Continúa a caída de casos na Costa da Morte aínda cada vez máis paulatina pois xa están en datos complicados de mellorar con apenas 35 novos casos aproximados diagnosticados nos últimos 14 días e 15 na última semana. Uns datos que arroxan unha taxa acumulada a 14 días de 27 casos por 100.000 habitantes, a máis baixada dende que o Sergas aló por novembro de 2020 comezou a compartir oficialmente o número de casos.

Ademais, non quedan ingresados con COVID no Hospital Virxe da Xunqueira.

NOVAS RELACIONADAS