COVID: Só 4 concellos detectaron algún positivo na última semana

Grafica feita por QPC cos datos do portal de transparencia do Sergas

Non sobe a incidencia do coronavirus na comarca, manténdose por cuarta semana consecutiva nunha taxa media de incidencia acumulada por debaixo dos 30 novos casos detectados por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días.

De feito, só 4 concellos detectaron algún positivo na última semana, que son A Laracha, Santa Comba, Muxía e Muros.

Últimos repasos semanais sobre o COVID