Entroido en Zurich: éxito total con DJ Rokiño, sabor galego e talento local

A pasada fin de semana a cidade de Zúric encheuse de cor, música e alegría coa exitosa festa de entroido organizada por Luci e Tina, as novas propietarias do bar-restaurante As Xeitosiñas. O evento, celebrado nun salón de pleno aforamento, foi unha explosión de diversión e bo ambiente, consolidándose como unha cita ineludible no calendario de festas da cidade.

O encargado de poñer a banda sonora a esta velada inesquecible non foi outro que Damián Busto, coñecido artísticamente como DJ Rokiño. Esta foi a primeira actuación do de Baíñas en Zúric e non defraudou. Coa súa esmagadora enerxía e a súa impecable selección musical, Rokiño conseguiu que ninguén se quedara sen bailar, convertendo a pista de baile nun verdadeiro crisol de ritmo e entusiasmo. A súa vinculación co público é cada vez máis evidente e o seu ascenso como referente musical no país parece imparable.

A noite non só estivo marcada pola música senón tamén pola boa comida. Os asistentes puideron degustar os exquisitos produtos cárnicos elaborados por Carnes Domínguez en O Sixto, Baíñas (Vimianzo), unha auténtica delicia que deu un toque galego á celebración. Ademais, organizouse un animado concurso de disfraces que desatou a creatividade e o bo humor de todos os presentes.

Unha das grandes sorpresas da noite foi a actuación de Belinda Méndez, filla de Luci e un novo talento galego, quen deslumbraron ao público interpretando dous grandes temas. A súa potente voz e carisma no escenario deixaron unha pegada indeleble no público, que lle deu unha entusiasta ovación.

O propio DJ Rokiño, sempre fiel ás súas raíces, luciu un estilo da marca Costa da Morte, reafirmando o seu orgullo galego e levando un anaquiño da súa terra a Suíza. O seu éxito en Zúric non é casual: cada vez ten máis amigos e seguidores en Suíza, que agora considera a súa segunda casa. E isto é só o comezo, xa que en marzo volverá a Suíza, esta vez a Xenebra, e en abril e maio emprenderá unha xira que o levará por diversas cidades suízas como Zug, Zofingen, Porrentruy ou Delémont.

Rokiño con Alejandra Plaza en Zurich

Outras novas europeas