mércores. 11.12.2024
El tiempo

De Suiza á Costa da Morte: "Mes amis espagnols", a película que emociona ao mundo coas historias dos emigrantes galegos

A película Mes amis espagnols, dirixida polo realizador suizo Adrien Bordone, conquistou o prestixioso Premio Xacobeo á mellor película no Festival de Cine de Ourense, consolidándose como unha das propostas documentais máis conmovedoras do ano. Este traballo non só destaca pola súa sensibilidade e profundidade, senón tamén por abordar un tema inexplorado: as amistades entre os fillos de emigrantes españois en Suiza e os seus compañeiros de diferentes nacionalidades, relacións que marcaron as súas infancias e que, en moitos casos, foron abruptamente truncadas polo retorno definitivo das familias a España.
Adrien Borbone, Nuria, Luis Calvo
Adrien Borbone, con Nuria e Luis Calvo
De Suiza á Costa da Morte: "Mes amis espagnols", a película que emociona ao mundo coas historias dos emigrantes galegos

Mes amis espagnols rescata do olvido as historias de nenos e adolescentes que creceron nun entorno multicultural como o suizo, forxando amistades intensas e auténticas. Sen embargo, o regreso á súa terra natal, decidido polos seus pais, implicou separacións dolorosas e a adaptación a un entorno que, aínda que culturalmente seu, lles resultou extraño e deixou unha pegada imborrable no corazón de aqueles nenos e nenas. Bordone converte
estas vivencias nun vehículo para explorar emocións universais como a nostalxia, a pérdida, o afecto, a humanidade e a resistencia, logrando un relato que cala profundamente no espectador.

Bordone abordou o vínculo con Galicia, especialmente coas comarcas de Bergantiños e a Costa da Morte (Muros e Carballo, principalmente) de onde proceden os protagonistas os cales aportaron unha riqueza emocional ao documental ao retratar a experiencia de aqueles que vivían o retorno como unha mestura de desafío e redescubrimento ofreciendo un retrato íntimo dunha rexión marcada pola emigración. O director, contou, a súa vez, co
valioso consello do profesor da Universidad de Zúrich, o coruñés Luís Calvo.

O impacto do retorno forzoso: pais e fillos cara a cara

A través dos testemuños dos seus amigos da infancia como Domingo José Rial Abeijón, Jesús Manuel Martínez Méndez, Martín José Souto Puga, Martín Gerpe Martínez e Ramón Lois Rey, Bordone pinta un retrato íntimo de como estes nenos deixaron atrás unha infancia idílica en cidades. como Biel, Suiza, para enfrontarse a unha nova realidade en Galicia. As dificultades de integración, os cambios escolares e o desarraigo emocional son algúns dos temas que emerxen en sus relaciones, destacando o choque entre dous mundos que marcou as súas vidas.

Aínda que Galicia era o destino dos veráns familiares, integrarse plenamente alí foi un reto. Na película, os protagonistas comparten os seus recuerdos dunha infancia que describen como perfecta, e como esta foi interrumpida pola decisión dos seus pais de regresar a España sen consultar. Este enfoque permite explorar un fenómeno migratorio menos visibilizado: el dolor del regreso, tanto para los fillos como para os pais. Este regreso forzado non só afectou aos fillos sino que tamén abriu un diálogo interxeracional cos pais, quen priorizaron o retorno ás súas raíces por razóns que, en moitos casos, non foron comprendidos polos seus fillos. No documental, estas tensións póñense de manifesto, explorando como as decisións migratorias impactaron emocionalmente a ambas xeracións. Escoitaron os pais as inquietudes dos seus fillos? Que os levaron a priorizar o regreso? A través desta dinámica, a obra analiza a ruptura parental e a falta de comunicación, mostrando as tensións e reconciliacións emocionais de ambos lados.

A nostalxia de Suiza e as raíces galegas

Lonxe de ser unha narrativa lineal, Mes amis espagnols adopta unha estrutura coral que entrelaza as experiencias dos seus protagonistas con mestría, creando unha atmósfera cargada de emocións. A nostalxia por Suiza, coa súa estabilidade e orde, contrasta coa percepción de Galicia como un lugar tanto familiar como alleo. Algúns dos protagonistas atoparon o seu lugar en Galicia; outros regresaron a Suiza temporalmente ou continuaron as súas vidas noutros países, como Alemania, pero todos comparten un vínculo imborrable coa súa infancia en Biel.

Un tributo á interculturalidade e á memoria

Adrien Bordone durante el debate posterior al pase
Adrien Bordone durante o debate posterior ao pase

Estreada no prestixioso festival Visions du Réel en Nyon, Suiza, esta obra trasciende o persoal para reflexionar sobre a riqueza da interculturalidade e as complexidades emocionais que xorden da emigración. Bordone dignifica estas historias, transformándoas nunha homenaxe á humanidade, o afecto e os lazos que trascenden fronteiras culturais. Mes amis espagnols é máis que un documental; é un tributo conmovedor a unha xeración marcada pola migración inversa, un testemuño de resistencia emocional e un recordatorio do poder da memoria colectiva. Bordone logra que esta película sexa imprescindible non só para quen buscan comprender as emocións asociadas á emigración senón para todo aquel que quería explorar as
raíces das conexións humanas que nos definen.

Mes amis espagnols é un recordatorio conmovedor de cómo a palabra "volver", cando se torna definitivamente, pode marcar vidas enteras e converterse nun exemplo de cómo o reencuentro coas raíces non sempre é sinónimo de felicidad e alegría.

Máis novas de Alejandra Plaza dende a diáspora

Comentarios