Félix Rodríguez de la Fuente estará presente no Congreso MODELO

Novas incorporacións ao Congreso MODELO Marco de Oportunidades para o Desenvolvemento Local, que está a organizar a Asociaciónde Axentes de Desenvolvemento Local da Costa da Morte. E hoxe salientamos unha tan relevante como a da Fundación Félix Rodríguez de la Fuente, que formará parte dun dos paneis do congreso, que trata de achegar "novas vías de desenvolvemento económico desde unha perspectiva local, solidaria e sostible". A súa poñencia encádrase no espazo titulado "Perspectivas innovadoras en desenvolvemento local", programado para as 17:30 do venres 25 de marzo en Vimianzo. Compartirá mesa con representantes de Slow Food Galicia, Presupestos Participativos, Grupos de Consumo e Axenda Local 21 e a Banca Ética.

A Fundación

A Fundación Félix Rodríguez de la Fuente está promovendo un proxecto denominado RuNa. A Plataforma Converxencia Rural-Natureza (RuNa) é unha iniciativa cuxo obxectivo é pór de manifesto a importancia do mundo rural como xerador e custodio da biodiversidade dentro dos territorios que ocupa, fomentando a súa converxencia co ámbito da conservación da natureza, todo iso a través da comunicación e as novas tecnoloxías. Félix Rodríguez de la Fuente e o seu legado constitúen a inspiración desta plataforma e os seus contidos. O naturalista que formou parte dunha época televisiva e deixou unha profunda pegada en quen lle escoitaban o o programa O Home e a Terra, foi un adiantado do seu tempo e comprendeu desde o principio que o home non era nada sen a natureza, pero tamén que a natureza estaba igualmente incompleta sen o home. Unha ancestral relación milenaria nacida desde o profundo respecto ao equilibrio e sustentabilidade que hoxe debemos protexer por ser o único modelo de desenvolvemento económico que defende a capacidade do mundo rural para producir biodiversidade e cultura.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).