Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Afiprodel consegue apoio da Xunta para o congreso Modelo

A Afiprodel consegue apoio da Xunta para o congreso Modelo

O pasado martes 18 de xaneiro, representantes da asociación Finisterrae de profesionais do desenvolvemento local (Afiprodel) mantiveron unha xuntanza con Andrés Hermida Trastoy, Director Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para solicitar o apoio desta Consellería na organización do Congreso de desenvolvemento MODELO.

Dolores Pena, presidenta, María Jiménez, secretaria e Norberto Pais, socio de Afiprodel presentaron ao director xeral de Promoción do Emprego o Congreso de desenvolvemento “Marco de Oportunidades para o Desenvolvemento Local” que celebrarase os días 25 e 26 de marzo en Vimianzo e 1 e 2 de abril de 2011 en Corcubión e trataron, nesta xuntanza, das posibilidades de colaboración e apoio neste evento da Consellería de Traballo.

Andrés Hermida Tratoy valorou moi positivamente o programa e o alto nivel e prestixio dos relatores e relatoras do Congreso. Compromentendo a participación da Consellería no cofinanciamento deste congreso (que xa conta cunha subvención da Deputación da Coruña) que concretará na próxima semana.

Este Congreso presentarase oficialmente no Concello de Carnota (sé da Asociación Afiprodel) na primeira semana de febreiro e conta coa colaboración de entidades e asociacións galegas e da Costa da Morte, a UPD Coordina Local II do IGAPE-BIC Galicia.

Pola Universidade

O evento está coorganizado pola Universidade da Coruña que recoñeceulle 2 créditos de libre configuración. Nestes días estase a esperar polos organizadores do Congreso a confirmación do recoñecemento de 1 crédito pola Universidade de Santiago de Compostela.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios