Fin de semana de festas si ou si

Semella que o tempo non vai acompañar moito na primeira fin de semana de agosto. Entramos xa no mes festeiro por excelencia e como non, as festas, romarías e diversas actividades de lecer non fan más que medrar. No menú desta fin de semana vai haber difíciles decisións, xa que o calendario fará coincidir citas do interese de moitos. Dende as festas en O Ézaro, Vimianzo, Camelle, Buño, San Mamede ou a Festa da Carballeira de Zas, ata a Festa do Longueirón de Fisterra ou outras moitas, teremos para escoller. Xa podedes pasarvos por axendacostadamorte.com e planficar a finde.

Máis información festexeira

Pincha para ver a Axenda Costa da Morte

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).