Galiza Nova Costa da Morte apoia ao BNG comarcal cun Encontro da Mocidade

Se esta noite de mércores 4 de maio Guillerme Vázquez estará en Baio (ás 21:00h no Pavillón de Baio acompañando a Lolo Muíño e as cabezas do BNG) a mocidade nacionalista ten unha cita este venres 6 de maio. A partir das 20:00 horas, o salón de actos do concello de Cee acolle a apertura da campaña por parte de Galiza Nova Costa da Morte.

Trátase do "Encontro da Mocidade da Costa da Morte", Galiza Nova amosa "un total apoio a tódalas candidaturas que presenta o BNG na Costa da Morte". Así a idea é que "a mocidade coñeza de primeira man as propostas que o BNG recolle nos seus programas".

Segundo Galiza Nova, "o BNG amosou nestes 4 anos que é posíbel facer outra política e que hai alternativa ás políticas de dereita de PP e Psoe, para saír da crise económica e xerar emprego e riqueza en Galiza".

O acto será presentado polo actor de Caldebarcos César Cambeiro. E falarán Mario Maceiras (Respopnsábel Comarcal de Galiza Nova) e Iria Aboi (Secretaria Xeral de Galiza Nova).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de GZNova-Costa da Morte.