Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Buxeiro de Fisterra álzase co I Campionato FS "Costa da Morte" pola selección galega Xa!

O Buxeiro de Fisterra álzase co I Campionato FS "Costa da Morte" pola selección galega Xa!

O deporte da Costa da Morte reivindicou as seleccións galegas como mellor sabe: metendo goles.

O pasado sábado 15 de xaneiro o fútbol sala da Costa da Morte reuniuse no Pavillón Municipal de Muxía para disputar o I Campionato de Fútbol Sala "Costa da Morte" pola oficialidade das seleccións galegas, organizado por Galiza Nova Costa da Morte. Desde as catro da tarde ata as dez da noite, os conxuntos foron enfrontándose entre si nun ambiente cordial e sobre todo moi deportivo, sen que o árbitro tivera apenas que intervir por lances do xogo.

Entre todas as formacións, procedentes de toda a Costa pero cunha destacada presenza de equipos muxiáns, alzouse co campionato o Buxeiro de Fisterra, tras imporse nunha reñida final ao Pichín de Cee, por 7 tantos a 4. Este conxunto, á súa vez, impuxérase nas semifinais ao terceiro clasificado, o Prestige de Muxía, nun dos encontros máis apaixoantes de todo o campionato, con dobre remontada incluída, e que dera a victoria aos de Cee por 5 goles a 3. Os vencedores foron galardoados con trofeos de artesanía galega facturados por Nano Unzueta e tamén cun premio en metálico.

En definitiva, o concello muxián puido vivir unha xornada deportiva e reivindicativa moi seguida polos seareiros chegados de toda a costa, que ao longo de toda a tarde foron ateigando as gradas do pavillón chegando por momentos a superar o cento. Todo isto deixa claro, en opinión da mocidade, que as seleccións galegas interesan e moito, polo que "traballar a prol da súa oficialidade é o futuro", apunta o responsable comarcal de Galiza Nova, Mario Maceiras.

Resultados I Campionato "Costa da Morte" Pola oficialidade das seleccións galegas

Cuartos de Final

  • Buxeiro 10 - Quintáns A 1
  • Pichín 7 - Quintáns B 3
  • Prestige 4 - Xosé Vilela 1

Semifinais

  • Buxeiro 4 - Xosé Vilela 1 (xogou a semifinal mediante repesca por sorteo)
  • Pichín 5 - Prestige 3

3º e 4º posto

  • Prestige 3 - Xosé Vilela 0

Final

  • Buxeiro 7 - Pichín 4

Novas realacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de GZNova Costa da Morte.

Comentarios