O Goberno galego non presentou enmedas para que os Fondos Europeos de Pesca diferencien a pesca artesanal
Tivo ocasión o Goberno Galego de presentar enmendas aos Fondos Europeos de Pesca para defender a pesca artesanal galega. Pero a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, limitouse a entregar un informe ao director xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG Mare) da Comisión Europea, João Aguiar, sobre a imposibilidade de aportar unha serie de axudas a cinco confrarías de pescadores.
Absolutamente nada recolle a Xunta sobre as esixencias que levou o sector da pesca artesanal a Bruxelas, da man do BNG, aló por outubro, cando pediron ante todo unha diferenciación da pesca artesanal do resto de pescas industruais.
Así o sinalaba hoxe Monste Prado (na imaxe), que volveu demandar a exclusión de TACs e cotas para a flota pesqueira e artesanal, manter as contías dos fondos europeos e priorizar este sector fronte a acuicultura. A deputada e portavoz de pesca do BNG aproveitou para acusar ao goberno de “desleixo” e lamentou que o Goberno galego “non fixo ben os deberes” nin negociou con criterios para mellorar os TACs e límites de cotas para a nosa pesca. Na súa intervención, explicou que non é posible o relevo xeracional e manter a competitividade cando as normas da Unión europea o están a impedir e “939 unidades menos de artes menores nos últimos anos, é un claro exemplo”.
Novas relacionadas
- Ana Miranda pide que non se obrigue a colocar cámaras nas embarcacións de pesca artesanal.
- O BNG presentou unha batería de enmendas ao Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro.
- outubro 18: “Queremos que Europa trate dun xeito diferenciado á pesca artesanal deixándonos fóra do TACs e as cotas”.