Venres. 19.04.2024
El tiempo

“Queremos que Europa trate dun xeito diferenciado á pesca artesanal deixándonos fóra do TACs e as cotas”

“Queremos que Europa trate dun xeito diferenciado á pesca artesanal deixándonos fóra do TACs e as cotas”
Delegacion da pesca artesanal galega no Parlamento Europeo co BNG Delegación da pesca artesanal galega no Parlamento Europeo co BNG ao son da buguina e do #MedreoMar

Combativa a visita que está a desenvolver esta semana unha delegación da pesca artesanal e o marisqueo de Galicia ao Parlamento Europeo. Invitados polo grupo parlamentario do BNG, nomeadamente pola eurodeputada Ana Miranda, o sector tivo voz propia para levar o sentir e as necesidades do mar galego ao lugar onde se decide o seu futuro: Europa. Fanno ademais nun momento crucial, cando quedan uns días para que remate o prazo de enmendas (o día 12) para decidir o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) para o período 2021-2027.

De aí a necesidade de que a Comisión Europea escoite, de primeira man as reivindicacións do sector máis importante da pesca artesanal de Europa. A sensación da comitiva é que Europa ten oídos para escoitar, e que pode ser que, como pasou co xeito, si que se consigas superar varias barreiras, facéndolle saír do descoñecemento aos europarlamentarios.

No marco da expedición, ademais de varios representantes das confrarías, da pesca artesanal, do marisqueo, do sector político e dos medios de comunicación, había unha nutrida expedición da Costa da Morte.

 Kuka Sar Oliveira, teniente alcalde de Fisterra; Ubaldo Qpc, responsable de QPC; Milucho Louro como candidato do BNG en Carnota; Pepe Formoso da Radio Nordés Cadena SER e Rafa Insua, patrón fisterrán.
Kuka Sar Oliveira, teniente alcalde de Fisterra; Ubaldo Qpc, responsable de QPC; Milucho Louro como candidato do BNG en Carnota; Pepe Formoso da Radio Nordés Cadena SER e Rafael Insua, patrón fisterrán

Voz propia no Parlamento

https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/1189894597818195/?t=0

A realidade é que o sector non ten voz, como si pode ter o sector da pesca industrial ou conserveira, no Parlamento Europea. Por iso a reunión coa Plataforma LIFE - Pescadores de Baixo Impacto Ambiental puido ter sido máis importante. O seu responsable, Brian O´Riordan, xa se ten atopado coa realidade galega noutros proxectos e este contacto directo cos patróns e mariñeiros serviulles para ver a gravidade da situación.

Deste xeito, a Platforma pode chegar a ser o máis parecido a unha voz defensora dentro do Parlamento Europeo, máis alá dos 3 ou 4 europedeputados implicados como Ana Miranda. A idea prantexada polas técnicas da plataforma é a de conseguir crear unha rede española con outras pesquerías artesanais do estado xa, para defender a pesca artesanal de calidade en Europa.

Tac´s, cota e descartes

Se a cita do martes será coa mesma Xefa de Unidade da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea, Elisa Roller (a máxima responsable do texto en cuestión), a máis importante das reunións de onte tivo lugar con Gabriel Mato, presidente da Comisión e Pesca española e relator das enmendas estatais á Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo relativo áos fondos FEMP.

”Queremos que se trate dun xeito diferenciado a pesca artesanal nas Políticas de Pesca Común, que se nos deixe fóra dos TAC´s e das cotas” definiu o patrón maior de Cangas, Javier Costa. Nós vivimos de lotes, cunha economía diaria, e deberíamos entrar no marco do artigo 17 da PPC, un artigo que non dades quitado do caixón”.

Nese sentido, afondaron na necesidade de definir verdadeiramente o que é a pesca artesanal, máis alá da medida dos 12 metros que agora marca o sector. Falamos dun sector familiar, onde o armador é o mesmo que o patrón, e na maioría dos casos tamén é mariñeiro; falamos do impacto social a nivel local; falamos das artes ou falamos por exemplos das millas (entre 2 e 5) ás que pescan os barcos, que moitas veces nin saen das rías galegas.

Delegación completa da pesca artesanal galega no Parlamento Europeo co BNG

LEI DE DESCARTES

Outro dos “cismas” que afronta o sector, polo descoñecemento da Comisión, e a nova Lei de Desembarque que se vai poñer en valor a comezo de ano, e que impedirá que saian a faenar barcos con artes que poidan pescar algunha especie en veda. “A pesca artesanal galega non ten desembarques, xa que as mareas son de entre 8 e 10 horas e a pesca é selectiva, de forma que todo o peixe recollido é vendible”, explicou ao respecto o patrón maior de Cangas. “Nin eles mesmos saben como se vai executar”, sinalou deixando claro que “a nós nos regularon como os barcos industriais, nos meteron a todos no mesmo barco, pero é un asunto que nos pode chegar a influír ata un 100%, porque directamente non imos poder saír a faenar”, sinalaban tamén os patróns de Rianxo e Redondela.

Relevo xeracional

Unha das claves de toda esta negociación é o futuro da pesca en Galicia. “Se nos deixan sen TACs habería un aliciente para a xente nova para tirarse ao mar. A día de hoxe a xente nova non quere meterse no mar porque non ten. Para a pesca artesanal hai moi pouca cota, e ademais do que nos castiga o mal tempo, fainos perder dáis de traballa, somos unha pesca selectiva diaria que vive de lotes”, sinalaron.

Á pregunta de se dende o sector vén posibilidade de que poida saír adiante as súas demandas, a resposta foi unánime: “Volveremos se non o cambian”, sinalou Kuka Sar, ademais, a co xeito conseguimos un cambio de verdade, temos a ilusión de que se volva a saír”.

Marisqueo e contaminación

Protagonismo especial tivo a mariscadora da ría do Burgo Teresa Ramiro, que vinculou directamente a contraminación coa radical perda riqueza do noso mar. “A nosa ría que tivo ata 2000 mariscadoras, e que agora non chegamos ás 100, pola capa de 1,60m de lodos na ría. Necesitamos o dragado xa, e levamos anos pedíndoo, porque é necesario para nós.”

Por aí, Miranda resaltou a importancia de vincular política pesqueira con política de medio ambiente, facendo clara a oposición do sector á acuicultura intensiva, que non a acuicultura non intensiva que practica un sector respectuoso como é o do mexillón, representado tamén na expedición.

Nesa mesma liña, o biólogo da confraría de Barallobre lamento a “colaboración da Xunta na perda das especies autóctonas principais (ameixa babosa, fina e berberecho) pola ameixa xaponesa, que é de peor calidade, e menor valor económico, producindo polo tanto menos postos de traballo. O berberecho ten desaparecido da ría de Arousa por un parásito non tratado pola Xunta, que segue orientando a súa política marisqueira cara as especies invasoras e cara a venda dos areais a acuicultura, provocando que as praias, agora utilizadas para o turismo e para marisqueo, queden asolagdas polas práctica industrial”.

Ramiro falou tamén en clave social da importancia destes empregos para a muller galega, en clave de empoderamento e conciliación a pesar das pésimas condicións laborais que sofren.

Do mesmo xeito, a alcaldesa de Moaña, a nova Leticia Santos, fixo fincapé na relevancia social do sector. “Moaña, que vive da pesca de baixura, do marisquero e da acuicultura non intensiva. Se a pesca artesanal e o marisqueo desaparecen, Galicia morre. Xa o conseguiron con boa parte do interior rural galego machacando ás explotacións gandeiras. Esperamos que non o fagan coa franxa litoral, e que se se invirta a perda dun 33% dos p0stos de traballo da pesca artesanal en Galicia nos últimos 10 anos,”

Milucho e Kuka Sar

Emilio Louro Milucho, candidato do BNG de Carnota ás vindeiras municipais e experto vinculado ao sector do mar dende hai máis de 25 anos, lamentou que “as estas alturas que teñamos que vir para faerlle entender aos políticos (de Europa e do estado) que Galicia vive por e para o mar. A Galicia costeira non se concibe sen barcos artesanais, e todo indica que o camiño que se dan é para eliminar a pesca artesanal, favorecendo aos mariñeiros a meterse nunha casa rural. Parece que nos silanan o futuro de pesca gaelga indicando o camiño de saída, porque as políticas europeas fixeron nos últimos anos que moitas familias que vivían da pesca agora tiveran que cambiarse de sector e mesmo ter que abandonar a súa terra sufrindo un novo e duro proceso de emigración”.

O teniente alcalde de Fisterra e tamén home de mar, criticou que “a representatividade do sector vén da man que as confrarías, que na maioría dos casos, di que si a todo o que din os políticos de turno, como fai o patrón maior de Fisterra, que é o primeiro que asinte o que di a Xunta sen abrir a boca”. Destacou que “no Concello de Fisterra tivemos que crear a Concellería do Mar para que os mariñeiros tivesen alguén a onde acodir na súa defensa”.

https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/180711216211919/?t=1

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-bng-leva-a-bruxelas-unha-expedicion-da-pesca-artesanal-para-facernos-oir-no-parlamento-europeo/

Comentarios