Guía para gozar do Entroido na Costa da Morte
Facemos un repaso ao Entroido da Costa da Morte, coas nosas recomendacións especiais e unha boa lista cos programas para esta primeira fase do Entroido (a semana que vén falaremos dos senlleiros enterros).
Na tarde do sábado, o Antroido do Burro de Valenza de Bergantiños, en Coristanco, é unha das citas etnográficas máis singulares.
Un sábado que tamén se celebra, de maneira reivindicatva en Laxe (con comparsas sobre Palestina e sobre a Mina de Coéns), ou de maneira festiva en Fisterra, co desfile premio ao Concurso de Comparsas do Martes, unha das grandes citas, sen lugar a dúbidas, do Entroido da Costa da Morte.
O sábado tamén é o día do concurso de Vimianzo e dunhas das citas principais do Entroido de Carnota, co sábado do Pindo. Por Muxía e Camariñas tamén gozarán de festivas actividades.
O Entroido de Malpica tamén é campal. Esta finde xa hai movidas, venres, sábado e domingo, esperando á gran troula da Mikaela do sábado que vén e os Madamitos e Ghuadineros de Cerqueda do vindeiro domingo 22.
Para este domingo, polo norte teremos o Concurso de Comparsas de Carballo e o concurso de disfraces da Laracha; no medio da comarca hei o afianzado Concurso de Dumbría, e polo sur o sempre colorido Desfile e Concurso de Muros.