venres. 23.01.2026
El tiempo

Xa hai programa para os entroidos universais de Carnota

Entroido O Pindo 2026 O Cosmos
Xa hai programa para os entroidos universais de Carnota

Acaba de salir a programación de Entroido do Concello de Carnota, completo e para todas as idades, e para varias parroquias.

O día grande será o sábado 14 de febreiro, con epicentro no Cosmos do Pindo, comida incluída, e un Concurso de Comparsas e grupos no auditorio do Viso con premios de 1000, 500 e 200 euros. Pero haberá moitos entroidos máis. Debullamos o programa: 

Cartel Entroido Carnota 2026

Venres 13 de febreiro

Festa Infantil de Entroido con Infantilandia o Pavillón de Carnota, de 17.00 h a 20.00 h:, con dous inchables, obradoiro de tatuaxes de purpurina, DJ e discoteca móbil con xogos e bailes (non haberá concurso.

Sábado 14 de febreiro

Concurso de disfraces a micro aberto no Auditorio Municipal do Viso, ás 19.00 h. Vístete de Entroido e ven cantar e bailar con nós. Podes facer a túa propia música en directo, ou vir cantar e bailar sobre unha base. Regueifas, desfiles, bailes, cancións ... todo para pasalo ben.

Haberá concurso individual e parellas, por grupos e de comparsas. Inscricións antes do 6 de febreiro. 

Ese mesmo día, no Pindo, celebrarán o “COSMOS”. Haberá un percorrido de petiscos ás 13.00h e unha lacoada ás 15.00 h. E a partir das 19.00 h, Concurso de disfraces pola parroquia. Todo isto, organizado pola ACDR Pedramar. As persoas interesadas en participar poden chamar ao 699 452246, antes do 5 de febreiro.

Luns 16 de febreiro

Xornada de xogos deportivos, xogos tradicionais e pintacaras no Pavillón de Carnota de 10.30 h a 13.30h, para a rapazada, con tres monitores/as.

Proxección dunha película de animación para público infantil e familiar no Auditorio do Viso, ás 17:30 h.

Martes 17 de febreiro

“Contos na lareira”, contada teatral de Iván Davila para público familiar,  ás 11.30h, no Auditorio Municipal do Viso:

Mércores 18 de febreiro

Obradoiros de Entroido con Infantilandia, para rapazada a partir dos 4 anos, de 11.30 h a 13.30 h, no Pavillón de Carnota.

Xa tendes toda a información na web municipal.

Máis novas do Entroido

 

O Entroido de 2012

Comentarios