Medulia convoca unha nova edición do Premio de Poesía Eduardo Pondal
27 de febreiro de 2026 (07:47 h.)
A Editorial Medulia volve convocar a VIII edición do Premio de Poesía Eduardo Pondal. A cormelá Diana Varela segue poñendo en valor a figura do autor himno galego, ao tempo que fomenta a creatividade e o talento na nosa lingua.
O prazo remata o 7 de maio de 2026, e a obra gañadora, que se fará pública o Día das Letras Galegas, será editada por Medulia.
Clara Martín, Manuel Vázquez, Andrea F. Maneiro, Manuel López Rod. ou Carme Caramés foron algúns dos seus gañadores xa.
Novas do Premio de Poesía Eduardo Pondal
- 2025: Clara Martín faise co VII Premio de Poesía Eduardo Pondal da Editorial Medulia.
- 2024: Manuel Vázquez leva para Lugo o VI Premio de Poesía Eduardo Pondal.
- 2023: Medulia entrega hoxe o IV Premio de Poesía Eduardo Pondal a Andrea F. Maneiro.
- 2020: O II Premio de Poesía Eduardo Pondal marcha para Noia.
- 2019: A xalleira Carme Caramés estrea o Premio de Poesía Concello de Ponteceso Eduardo Pondal.