Venres. 26.04.2024
El tiempo

Medulia entrega hoxe o IV Premio de Poesía Eduardo Pondal a Andrea F. Maneiro

Andrea F Maneiro Libro Voto de Silencio
Medulia entrega hoxe o IV Premio de Poesía Eduardo Pondal a Andrea F. Maneiro

A Editorial Medulia ten gañadora do IV Premio de Poesía Eduardo Pondal. Andrea F. Maneiro (Carril, 1964) recibirá unha placa conmemorativa do certame pola súa obra “Voto de Silencio”. A entidade fará entrega esta mesma tarde de xoves 23 de marzo, ás 18:30h, no seu local sito na Coruña (rúa Menéndez Pidal 4, baixo), en presenza dos membros do xurado.

Como describe Beatriz Dourado no prologo, “Poética concisa, rebelde, que nos conecta co infindo legado das devanceiras, daquelas que non cantaban nin a pombas nin a flores. Poética que tende pontes, tamén, con algunhas das novas voces femininas, incorporándose ao discurso de deconstrución da cultura patriarcal, para camiñarmos máis lixeiras, sen uniformes, cara un porvir liberador”.

Ademais de facer a presentación pública de “Voto de silencio”, convócase oficialmente a V edición do certame.

Ó final do acto servirase un viño de amizade para a prensa e os asistentes.

Novas relacionadas

Comentarios