Naufraxios Galegos convoca o II Concurso de Contos Mariños para menores de 14 anos

Sen descanso tralo magnífico éxito da celebracióndo 125 aniversario do City of Agra en Arou e Camelle, a A.C. Naufraxios Galegos convoca xa o III Concurso de Contos Mariños.

Entre o 1 de agosto e o 30 de outubro, a entidade invita a toda a rapazada ata 14 anos a contar as súas historias salgadas, na nosa lingua.

As obras deberán ter unha extensión máxima de 500 palabras. O premio será un lote de libros, ademais dun diploma e un pequeno trofeo de artesanía.

Para participar cómpre enviar o texto a naufraxiosgalegos@gmail.com.

O ditame do xurado farase público o 30 de novembro a través das redes sociais da Asociación Cultural Naufraxios Galegos.