Novas exploracións submariñas nas augas da Ría de Corcubión

As augas da ría de Corcubión volverá ser exploradas por un equipo de arqueólogos mariños. Xa temos contado que a ría corcubionesa é unha das máis ricas en canto a pecios se trata. De feito, na zona de Fisterra e Corcubión hai localizados nada menos que 70 puntos de interese arqueolóxico, pero se fala ata dos 500 naufraxios da Costa da Morte. Moitos poderían ser pecios de barcos afundidos dende o século XVII ao XX.
Este ano realizaranse novas catas tralo acordo asinado pola Xunta e o Goberno central. A zona do Estrecho de Rande, na ría de Vigo, será obxecto igualmente de outra exploración submariña. Ambas realizaranse durante o mes de xullo.

Os tesouros agardan aló embaixo. E agardan aos especialistas do país. Porque Galicia é toda unha potencia na materia malia que os gobernos se empeñen en poñer excusas para non sufragar expedicións. "Aquí hai moita xente que está preparada, é mentira iso de que en Galicia non se pode facer arqueoloxía polo mal tempo. En Irlanda e Noruega, onde se avanzou moito máis, non hai mellor meteorología", sinala Miguel San Claudio, un dos responsables das catas nas nosas augas coa empresa Archeounauta.

Novas relacionadas

A Cara máis íntima do naufraxio

Máis novas de naufraxios

Artigos relacionados

Fonte