Luns. 13.07.2020
El tiempo

Homenaxe ao Bonito: "O sal, o sangue de Fisterra"

Homenaxe ao Bonito: "O sal, o sangue de Fisterra"
Chegou o día da homenaxe ao Bonito. Foi a lonxa de Fisterra o lugar elixido para os actos pola súa relación coa vida do mar e dos mariñeiros. E foi o alcalde, José Manuel Traba, quen abriu o emotivo acto logo da interpretación da canción Pescador. Esto era só era o principio dunha tarde cargada de sentimentos. O rexedor leu unha relación de todos os mariñeiros, mariscadores... falecidos no mar, vítimas das nosas augas. O alcalde reafirmou que os fisterráns teñen os xenes impregnados de sal, ata tal punto que a súa dependencia vital del é tanta como do aire para respirar. «É como ou noso sangue, que se nos falta, fáltanos a vida».

Homenaxe en verso

A continuación o poeta fisterrán Alexandre Nerium, moi emocionado durante todo o acto, leu varios poemas que provocaron as bágoas nas meixelas dos asistentes en honra ás vítimas. Tras a intervención do coro parroquial co tema A Barca, o pobo fisterrán dirixiuse ao descubrimento da placa por parte das once familias dos mariñeiros do Bonito. Nela estaba plasmado o seguinte texto: «Agardamos calados a silenciada morte sen mirarmos vos prados que verdegan a terra ensamblados nos dentes dás crueis calimas podres». Unha frase de Alexandre Nerium. Todo isto «en homenaxe aos mariñeiros fisterráns que perderon as súas vidas nas aciagas augas bravías dá Costa da Morte. Non 50 aniversario do naufraxio do pesqueiro Bonito».

Exposición

Moitos son os recortes, pinturas e demais que puideron ver os asistentes na exposición aberta na Lonxa.

A ofrenda

E finalmente chegou o momento da ofrenda floral, aínda que xa non quedaban bágoas para expresar as condolencias coas familias, este momento foi demasiado emotivo para todos, mesmo que os que lles avergonza expresar os seus sentimentos en públlico, que non se puideron reprimir máis e sacaron para fóra toda a súa dor. Era difícil conterse, xa só con pensar nesas mulleres que quedaron viúvas tan novas, as cales tiveron que internar aos seus fillos en colexios de orfos, para coller as maletas en busca de traballo para darlle o pan de cada día. A coroa de loureiro tirárona ao mar o alcalde e o Patrón Maior, acompañada de once rosas que lanzaron os familiares representando as once vítimas do pesqueiro. Foi un dos actos organizados polo Concello fisterrán onde se apreciou a unión de todo o pobo arroupando a tantas familias que sufriron a perda dun ser querido neste mar tan bravío, como é o mar da Costa da Morte. Pero detrás de toda homenaxe hai moita xente. Unha idea que nacía con aquela homenaxe en verso de Modesto Fraga aos mortos do mar a bordo do María Elena, na que participaron medio centenar de persoas que traballar por recuperar a memoria do mar, sempre tan presente na vila do Cristo. Varias destas persoas enviaron, o pasado abril, unha petición pública dirixida ao concelleiro de Cultura da localidade, solicitando a celebración desta homenaxe e a posterior creación dun monumento aos náufragos do noso mar. Monumento que se agarda que chegue.

comentarios