Novo casting para atopar unha actriz galegofalante na Costa da Morte

Dunha cita coma esta xa saíu unha estrella hai ben pouco, que do cole pasou a percorrer pasarelas de todo o estado. E as rapazas, galegofalantes, da contorna, de entre 16 e 20 anos, teñen a súa oportunidade.

Setembro Cine, produtora de películas como La Boda de Rosa (Icíar Bollaín, 2020), busca no entorno da Costa da Morta e arredores ás actrices para a nova película de Sandra Sánchez. O perfil solicitado, definido como "personaxe con carácter", é de mozas de entre 16 e 20 anos e galegofalantes. A peculiaridade reside en que non é necesaria a experiencia interpretativa: son benvidas tódalas persoas que cumpran eses requisitos e que queiran probar sorte no mundo do cine.

A produtora habilitou un formulario online no que se piden os datos básicos de contacto, así como una foto e un vídeo presentación. Especial atención aos menores de idade: necesitarán do permiso do seus pais, nais ou titores legais para poder presentarse.

Setembro Cine é una produtora de cine independente que produce e coproduce longametraxes de ficción, fundada en 2014 por Fernanda del Nido e con base en Cataluña, e que conta entre as súas películas co talento de directores como Pablo Larraín ou Icíar Bollaín.

Máis novas de cine