Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O film SICA, e Thais García Blanco triunfaron no Festival de Málaga

Thais García Blanco con SICA no Festival de Malaga
Thais García Blanco con SICA no Festival de Malaga
O film SICA, e Thais García Blanco triunfaron no Festival de Málaga

Segue percorrendo festivais do planeta o filme SICA. Despois de pasar pola Berlinale, a coprodución galego-catalá dirixida por Carla Subirana e rodada na Costa da Morte, proxectouse o pasado martes no Festival de Cine de Málaga, competindo dentro da Sección Oficial.

Antes, pola mañá, tivo lugar a rolda de prensa na que unha das grandes protagonistas foi Thais García Blanco. A cabansesa debutante de 14 anos demostrou a súa soltura ben arroupada pola directora, a actriz catalana Núria Prims, e as produtoras da película, Alba Sotorra, Andrea Vázquez e Xavi Font.

Thais García Blanco con SICA no Festival de Malaga.JPG

Sica film no Festival de Malaga

A propia directora volveu poñer en valor que “A Naturaleza é outra protagonista en Sica. O vento, o mar, as ondas… manifestan o seu propio estado de ánimo, co temperamento único que ten o océano nesta costa. As personaxes amósanse pequenas fronte á súa inmensidade, e temerosas ante a chegada do furacán Ofelia, que ao mesmo tempo es o único capaz de devolver a harmonía á vida de Sica. Como di Suso o Cazatormentas, Ofelia é a nai de todas as tormentas, pero só nos está avisando: despois dela virán máis, e distintas ás de antes. Sica é un berro de auxilio ante a crise climática.”

Contamos os días para o 19 de maio, cando está prevista a súa chegada ás salas de cine.

Sica film no Festival de Malaga

NOVAS DO FILME

Comentarios